PLAN DE IMPULSO DA CONSTRUCIÓN INDUSTRIALIZADA

Promovemos nun modelo de colaboración público-privada, a industrialización da construción en Galicia.

Implementamos metodoloxías innovadoras, tecnoloxías avanzadas e criterios de sustentabilidade que fortalecen o sector e contribúen ao desenvolvemento social e económico da rexión.

O PLAN DE IMPULSO DA CONSTRUCIÓN INDUSTRIALIZADA DE GALICIA​

O Plan de Impulso da Construción Industrializada constitúe a folla de ruta estratéxica para a construción industrializada en Galicia, impulsada polo goberno da Xunta de Galicia, desenvolvida a través do Clúster da Construción de Galicia e supervisado polo Observatorio da Vivenda.

Este ambicioso plan de acción céntrase en sentar as bases necesarias para incorporar gradualmente os sistemas construtivos modulares e prefabricados nos proxectos de edificación autonómicos. A través de medidas concretas como a elaboración deste mapa de capacidades, a redacción de guías técnicas e axeitando os criterios de contratación para fomentar este modelo construtivo.​

O plan busca acelerar a modernización da industria, dar unha resposta áxil á crecente demanda habitacional e garantir a viabilidade do II Pacto de Vivenda de Galicia.

O Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia, o punto de encontro onde innovación tecnolóxica, sustentabilidade e soberanía industrial converxen para liderar a edificación do futuro.

A nosa plataforma conecta a toda a cadea de valor do sector off-site, desde a potencia da nosa madeira técnica, o metal e o formigón de gran formato, ata o talento de deseñadores, integradores e empresas de loxística. ​

A Plataforma de Solucións Construtivas, o catálogo técnico e operativo de referencia para a edificación industrializada en Galicia.

Este portal ofrece unha visión integral dos compoñentes e sistemas avanzados do noso ecosistema, desde a madeira técnica (CLT e MLE) e o prefabricado de formigón de gran formato, ata as estruturas metálicas pesadas e a construción modular volumétrica en 2D e 3D.

O seu obxectivo é facilitar a integración temperá do fabricante no deseño, conectando de forma directa a proxectistas, enxeñarías e construtores. Explora o abano de solucións de mercado e atopa a tecnoloxía para materializar a edificación do futuro.​

SoluciONs

Repositorio de solucións industrializadas e compoñentes asociados, como soporte en fase de deseño.

Mapa

Localice empresas da cadea de valor da construción industrializada